14 de marzo de 2013

BUSTO DE SAFO

O CÍRCULO DE SAFO

Moito se ten falado da primeira poeta/poetisa da literatura occidental, Safo de Lesbos ou Safo de Mitilene, por mor da fragmentariedade da súa obra conservada, e das múltiples e, ás veces, demasiado libres interpretacións que se fixeron da súa biografía e da súa figura.
O mellor espello onde podemos contemplar a verdadeira imaxe desta escritora son os seus propios versos: sinxelos, directos e fermosos coma poucos, e que transmiten toda a fondura e a sensualidade das paixóns máis íntimas e degoiradas.

Somerxeron a lúa e as Pleiades, medianoite, 

o tempo pasa, eu durmo soa.